IV Reconquista de Toralla

¡Piratas!:
Por cuarto ano consecutivo reunimonos en Toralla para pedir a fin da especulación nas nosas rías. E este ano temos unha alegría, o “ministerio de medio ambiente” anuncia que vai facer efectivo o deslinde do litoral na illa de Toralla, que vai construir un paseo marítimo ao redor da illa de acceso público. E mentres rimos respostamoslles: Qué maravilha!, un paseo que nos lembre que non podemos acceder aos sitios que vemos dende o paseo. Non queremos compartir as miserias morais de ninguen, reivindicamos o uso público da illa de Toralla, de toda a illa, dos seus castros, do seu parque forestal, da sua ponte, das suas praias e do seu porto, porque as illas non deben ser xamáis propiedade privada, porque o que merca unha illa estase apropiando dun patrimonio ecolóxico, e neste caso, dun patrimonio cultural que debería pertencer a tod@s.
E sabemos que Toralla non é máis ca un símbolo do noso proceso de loita, porque non pedimos só isto, non queremos que se construan máis recheos que alberguen portos deportivos e clubes privados para o disfrute d@s ric@s, mentres a clase traballadora vese cada vez máis afectada por unha nova forma de explotación disfrazada de crisis económica. Non queremos que se esquilmen máis rías. Non queremos máis verquidos de grandes empresas que non son controlados porque eiquí só importan os cartos. Reivindicamos respeto para as rías en forma de protección do seu ecosistema e en forma de sustentabilidade.
Piratas!, unha vez máis, un ano máis, non máis illas de cemento!
Rede de Sementes
Levamos xa varios meses organizando actividades relacionadas co tema da conservación e recuperación de variedades antigas e locais de sementes hortícolas e cremos que é necesario empezar a crear unha rede de persoas interesadas en conservar e reproducir algunha destas variedades.
Con tal motivo convocámosvos a participar nunha reunión o domingo 22 de agosto no centro social de Massó, en Cangas, a partir das 11:30 da mañá.
A idea para ese día é a de empezar a construir entre todas a rede e o funcionamento da mesma. Non hai unha orde do día como tal. Trataremos de facer unha presentación pola mañá e empezar a definir que queremos e como queremos que sexa a rede. Ó mediodía faremos un xantar comunal, onde cada quen terá que levar a súa comida, que pode compartir co resto da xente. Pola tarde trataremos de ir pechando cousas e se levarán propostas de actividades así que, si alguén ten algunha proposta, que non dubide en comentala cos demáis.
En canto a temas organizativos, comentarvos que no local social aínda non hai cadeiras para todos, así que cada cal que se traia tamén algo onde sentarse. Chan hai bastante.
Dádelle difusión a esta mensaxe para que chegue o maior número posible de xente.
Ao longo destas semanas iremos mandando tamén unha proposta de ficha para a recollida de datos, para que na reunión poidamos mellorala entre todos.
Para calquera dúbida podédevos poñer en contacto con: ninhocabra@hotmail. com .
Un saúdo e ata o 22.
LIXO NO SALGUEIRON

Especuladoras da peor calaña teñen especial interese en deixar morrer o espazo natural de Punta Balea (Massó) e xs cidadáns de Cangas asistimos con carraxe e impotencia ao espectáculo de ver como o lixo e a sucidade se amorean mentres xs políticxs, con mirada de boitres, esperan que pase o tempo para que o “cadáver” deste particular sitio que cada día se parece máis a un vertedoiro caia no olvido ou que non lle importe xa a ninguén.
Vanse tirando a pelota dunxs a outrxs, do concello de Cangas a capitanía marítima, pasando por Marina Atlántica, e ninguén se quere ensuciar as mans co lixo deste sitio. Os propios traballadores da recollida son cómplices de toda esta farsa, non só desatendendo o que é a súa obriga senón mofándose da xente que lles chamou a atención sobre esta situación.
Por iso nós hoxe decidimos pasar á acción directa, que é a acción sen intermediarixs. Porque non podemos esperar nada de quen son incapaces de ver máis alá da rendibilidade económica e que teñen máis interese en deixar morrer este sitio para convertelo nun estercoleiro.
O sábado 31 levaremos o lixo a onde toque.
Necesitamos a túa axuda, ven coa túa furgalla, tractor, chimpín, carretilla etc. e participa nesta caravana reivindicativa.

