Levamos xa varios meses organizando actividades relacionadas co tema da conservación e recuperación de variedades antigas e locais de sementes hortícolas e cremos que é necesario empezar a crear unha rede de persoas interesadas en conservar e reproducir algunha destas variedades.
Con tal motivo convocámosvos a participar nunha reunión o domingo 22 de agosto no centro social de Massó, en Cangas, a partir das 11:30 da mañá.
A idea para ese día é a de empezar a construir entre todas a rede e o funcionamento da mesma. Non hai unha orde do día como tal. Trataremos de facer unha presentación pola mañá e empezar a definir que queremos e como queremos que sexa a rede. Ó mediodía faremos un xantar comunal, onde cada quen terá que levar a súa comida, que pode compartir co resto da xente. Pola tarde trataremos de ir pechando cousas e se levarán propostas de actividades así que, si alguén ten algunha proposta, que non dubide en comentala cos demáis.
En canto a temas organizativos, comentarvos que no local social aínda non hai cadeiras para todos, así que cada cal que se traia tamén algo onde sentarse. Chan hai bastante.
Dádelle difusión a esta mensaxe para que chegue o maior número posible de xente.
Ao longo destas semanas iremos mandando tamén unha proposta de ficha para a recollida de datos, para que na reunión poidamos mellorala entre todos.
Para calquera dúbida podédevos poñer en contacto con: ninhocabra@hotmail. com .
Un saúdo e ata o 22.