"Canto máis medre o sistema máis catastróficos serán os resultados do seu fracaso"

IV Reconquista de Toralla


¡Piratas!:

Por cuarto ano consecutivo reunimonos en Toralla para pedir a fin da especulación nas nosas rías. E este ano temos unha alegría, o “ministerio de medio ambiente” anuncia que vai facer efectivo o deslinde do litoral na illa de Toralla, que vai construir un paseo marítimo ao redor da illa de acceso público. E mentres rimos respostamoslles: Qué maravilha!, un paseo que nos lembre que non podemos acceder aos sitios que vemos dende o paseo. Non queremos compartir as miserias morais de ninguen, reivindicamos o uso público da illa de Toralla, de toda a illa, dos seus castros, do seu parque forestal, da sua ponte, das suas praias e do seu porto, porque as illas non deben ser xamáis propiedade privada, porque o que merca unha illa estase apropiando dun patrimonio ecolóxico, e neste caso, dun patrimonio cultural que debería pertencer a tod@s.

E sabemos que Toralla non é máis ca un símbolo do noso proceso de loita, porque non pedimos só isto, non queremos que se construan máis recheos que alberguen portos deportivos e clubes privados para o disfrute d@s ric@s, mentres a clase traballadora vese cada vez máis afectada por unha nova forma de explotación disfrazada de crisis económica. Non queremos que se esquilmen máis rías. Non queremos máis verquidos de grandes empresas que non son controlados porque eiquí só importan os cartos. Reivindicamos respeto para as rías en forma de protección do seu ecosistema e en forma de sustentabilidade.

Piratas!, unha vez máis, un ano máis, non máis illas de cemento!