Sobre a esclavitude moderna dende odo en Vimeo.
Ante as primeiras mostras de represión contra a ocupación para a habilitación dun Centro Social nun dos edificios historicos de Massó en abandono, o do antigo comedor e servicios, no Salgueiron, pedimos o APOIO de todos os que defendedes a Ria e non queredes que fagan da nosa vila un pandeiro, vendendo por catro patacos a riqueza do noso mar e do noso entorno a un feixe de ricachóns que nos ignoran.
Parece mentira que un grupo de xente nova que se pon a limpar e habilitar un edificio en estado ruinoso e polo que ninguén mira e se preocupa teña que soportar as agresions e insultos de traballadores do concello, axentes da garda civil e da policía local; xusto no momento no que empezamos a darlle un uso ó edificio: social e sensato, limpándoo e acondicionándoo para comenzar cun programa de actividades coa fin de que participe a xente do lugar no canto de deixar que veña abaixo un lugar que o pobo valora e moito.
SOMOS DE CANGAS OU DE ONDE RAIO SOMOS???