O traballador, fóra de si, agarrou do pescozo, ameazou e insultou a varias persoas e puxo en marcha un camión, co el risco de atropelo á xente.
Foi hai uns días, sobre as 7 da tarde, xente do baserri okupado de Leginetxe vimos a varios traballadores das obras do TAV escoltados por dous gardas de seguridade onda o baserri. Ó ver que un camión estaba saíndo da zona de obras á estrada decidimos facer unha sentada na estrada para impedirlle o paso. Ó momento os gardas de seguridade deron o aviso e enseguida apareceron máis gardas de seguridade.
O condutor do camión estaba fóra de si e mostrou unha actitude moi violenta en todo momento. Desde o principio, agarrounos polo pescozo, ameazounos e insultounos. Logo subiu ó camión e despois de advertirnos que “movédesvos ou móvovos eu” puxo en marcha o camión.
Ó chegar á altura onde estabamos sentados continuou a marcha como se tal cousa polo que tivemos que levantarnos para evitar ser atropelados. Ó protestar pola súa actitude, baixou do camión termando dunha barra de uña disposto a golpearnos, os garda xurados intentaron tranquilizalo pero víronse obrigados a inmovilizalo pola forza para evitar o ataque. O condutor continuou con outros tantos intentos de atropelo e agresión coa barra de uña ata ter vía libre.
Desde o baserri okupado de Leginetxe denunciamos esta agresión e queremos deixar ben claro que seguiremos plantando cara á destrución do TAV.
x a asemblea Anti-TAV