"Canto máis medre o sistema máis catastróficos serán os resultados do seu fracaso"

[Ferrol] IX Xornadas Llibertarias


Unión Libertaria
Ferrol, 20 a 26 de novembro de 2010

Sábado 20 de novembro de 2010
Antigo cemiterio de Canido
12:30 horas
Homenaxe ás vítimas do franquismo
Acto poético-musical-reivindicativo, con intervencións do poeta Xoan Abeleira, un membro de Unión Libertaria e os músicos Amelia Ónega e Agulló.
Trinta e cinco anos despois da morte do dictador Franco aínda é necesario reivindicar a memoria de todas as vítimas do franquismo, asasinadas pola dictadura e esquecidas na transición. A homenaxe serve tamén para lembrar á militancia libertaria, moitas veces esquecida, coincidindo co 74 cabodano da morte do combatente revolucionario Buenaventura Durruti.

Luns 22 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Palestra "Crise capitalista e alternativa anarquista", a cargo de Fran Fernández e Eliseo Fernández, membros de Unión Libertaria.
A agudización das contradiccións do sistema capitalista encamiña ao mundo e aos seus habitantes cara ao colapso global. Fracasadas a alternativa socialdemócrata e o capitalismo de estado do modelo soviético, o anarquismo representa a día de hoxe unha alternativa posible de loita e de construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
www.unionlibertaria.org

Martes 23 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Representación de monicreques "A historia do indio Lautaro" e charla "Análise histórico e situación actual do pobo mapuche", a cargo dunobservador da situación mapuche.
Dúas formas de narrar unha mesma historia, a loita do pobo mapuche contra o estado chileno e as multinacionais que ameazan a súa terra, a súa cultura e a súa vida. Unha loita que é representativa das tentativas populares de crear formas distintas de combate ante os ataques do capitalismo, recuperando na loita a súa dignidade colectiva.
http://www.mapuche.info/

Mércores 24 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Mesa redonda "Okupación vs Especulación", con membros dos Centros Sociais "A Casa da Estación" de Pontedeume, "A Casa das Atochas" da Coruña e "O Salgueirón" de Cangas.
O movemento social das okupacións, xurdido hai moitos anos en todo o mundo, ten na Galiza unha renovada forza nos últimos tempos. Membros de tres dos Centros Sociais okupados máis representativos da Galiza, debaten sobre a okupación como alternativa diante da especulación e sobre a alternativa que representan as casas okupadas fronte ao capitalismo neoliberal no seu conxunto.
http://osalgueiron.blogspot.com
http://www.casadasatochas.info/

Xoves 25 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Presentación do libro "Caminando hacia el abismo: historia de una generación", coa presencia do autor, José María Botana Cao "Boti".
A obra foi editada polo Periódico Anticarcelario "Punto de Fuga" e a Biblioteca Antiautoritaria "Frakaso escolar" en setembro de 2010. Nas súas páxinas, baixo a forma dunha novela, atopamos unha mediatación sobre a xeneración rebelde da transición, cos seus sonos e as súas miserias, a súa brutalidade e a súa solidaridade profunda.

Venres 26 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Palestra "Economia e autoxestión", explicando o modelo económico anarquista da man de Endika Alabort, integrante do ICEA (Instituto de Ciencias Económicas e da Autoxestión).
O ICEA é unha entidade cultural de ambito estatal que desenvolve actividades de docencia e investigación en economía política, ciencias sociais, e autoxestión obreira e social. Dende a súa creación, no ano 2008, desenvolve actividades de estudo e difusión de temas como a crise económica, o decrecemento e a economía en xeral dende un punto de vista libertario.
http://iceautogestion.org/