"Canto máis medre o sistema máis catastróficos serán os resultados do seu fracaso"

A policía nazional detén a 3 persoas e cerra o CSO "La Madriguera" de Ponferrada


A Policia Nazi.onal detén a 3 persoas e cerra o CSO "La Madriguera" de Ponferrada.

Despois de tres meses de okupación do Centro Social Okupado "La
Madriguera", en Ponferrada, situado nas instalacións de Endesa, o vernes 23 de xullo ás 15 horas, presenciouse no
lugar a Policía Nacional. Facendo uso da forza, con
intimidación física e sen dar información sobre a súa situación local,
detiveron a tres persoas e leváronas a Comisaría, onde foron
informadas de que as detiveran por un presunto delito de
usurpación.


As tres persoas, que no momento da detención se encontraban
fóra do inmoble, foron postas en liberdade con cargos ás 21.30
da noite, tras pasar cinco horas nos calabozos, privadas da súa
liberdade e da súa dignidade. Os tres acusados atópanse á espera de
xuízo.

As instalacións de Endesa, construídas en terreo público, levaban
abandonadas catro anos e, desde había tres meses, foran
okupadas. Desde entón comezouse a desenvolver unha importante
actividade cultural e lúdica.

Durante o tempo da detención, a Policía accedeu ó CSO, sen
orde xudicial ningunha, tras taladrar a fechadura e subtraeu
diferente material, o que viola a advertencia legal que informa de
que o inmoble se trata dun domicilio.

Máis información en:

http://leon.cnt.es/pivot/entry.php?id=195
http://www.la-cronica.net/2010/07/24/el-bierzo/tres-okupas-detenidos-tras-irrumpir-en-una-nave-de-endesa-90337.htm


Publicado por Abordaxe -revista anarquista